CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Portada


Convocatorias  (22-06-2022)

O proceso de estabilización de prazas derivado da Lei 20/2021 afectará a 38 prazas de lingua

Está en marcha o proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Logo da publicación das ofertas de emprego serán 38 as prazas de lingua que se ofertarán neste proceso, que deberán ser convocadas antes do 31 de decembro de 2022.

Segue
Convocatorias  (20-06-2022)

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Val do Dubra

Concello de Val do Dubra

O Concello de Val do Dubra publicou no BOP de hoxe as bases e a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística (funcionario/a interino/a). O sistema de selección é a oposición libre e o prazo de inscricións é de 8 días hábiles.

Segue
Formación  (13-06-2022)

Tecnoloxías da linguaxe: as linguas na sociedade e na economía dixitais, curso de verán da USC

Curso Tecnoloxías da linguaxe

No marco das actividades de formación e diseminación do Proxecto Nós, e co obxectivo de divulgar as múltiples oportunidades que ofrecen as tecnoloxías da linguaxe, o ILG e o CiTIUS organizan o curso de verán titulado Tecnoloxías da Linguaxe: as linguas na sociedade e economía dixitais, que terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela entre o 12 e o 15 de xullo.

Segue
Convocatorias  (13-06-2022)

Bases da convocatoria dunha praza de tradutor/a de lingua galega na Deputación de Ourense

Deputación Provincial de Ourense

A Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP do luns 13 de xuño de 2022 as bases de varios procesos selectivos, entre eles dunha praza de tradutor/a de lingua galega. O prazo de inscrición será de 20 días naturais e abrirase cando se publique a convocatoria no BOE.

Segue
Lingua  (09-06-2022)

Ordenanza municipal do uso social da lingua galega no Concello de Valdoviño

Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño aprobou a súa Ordenanza municipal de uso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 7 de abril de 2022 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 9 de xuño de 2022.

Segue


Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego