CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Portada


Lingua  (23-11-2022)

Novo Regulamento de usos lingüísticos da USC

En galego estamos no mundo, USC

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou o 28 de outubro un novo Regulamento de usos lingüísticos da USC que actualiza o anterior texto normativo de 1993. O novo regulamento busca adaptarse a realidades, como as novas tecnolóxicos ou os contextos multilingües, que o anterior texto non consideraba.

Segue
Formación  (20-11-2022)

O Simposio ILG 2022 aborda a edición dixital de textos antigos

Simposio ILG 2022

O Instituto da Lingua Galega da USC, en colaboración co Consello da Cultura Galega, a Universidade de Alcalá e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, organiza o Simposio ILG 2022, que analizará “A edición dixital de textos antigos: modelos, proxectos e ferramentas”. O simposio terá lugar entre os días 28 de novembro e 2 de decembro. O prazo de inscrición remata o 28 de novembro de 2022.

Segue
Formación  (01-11-2022)

V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino. Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias

V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino

O Instituto da Lingua Galega e os departamentos de Didácticas Aplicadas e de Filoloxía Galega da USC organizan as V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino, co título Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias, os días 18 e 19 de novembro.

Segue
Lingua  (14-10-2022)

Laboratorio de Apoderamento Lingüístico en Ferrolterra

Laboratorio de Apoderamento Lingüístico

A cooperativa Rexenerando, de Ferrol, desenvolve en catro centros de ensino da comarca de Ferrolterra un Laboratorio de Apoderamento Lingüístico, un proxecto piloto de dinamización do uso do galego entre a mocidade, financiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) a través do programa TeCe Redes.

Segue
Formación  (14-10-2022)

I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico

I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro organizan, o 14 de novembro de 2022, a I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico. A inscrición é gratuíta e está aberta até o 10 de novembro.

Segue


Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego