CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Portada


Formación  (19-09-2023)

Chegan os XXV Encontros para a Normalización Lingüística co foco no ámbito socioeconómico

XXV Encontros para a Normalización Lingüística

Economía, lingua e sustentabilidade, tres conceptos que servirán de fío condutor das análises e reflexións dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística, que se centrarán no ámbito socioeconómico, un dos motores da normalización da nosa lingua. A sesión presencial desta edición terá lugar en Compostela o 17 de outubro e con anterioridade difundiranse pezas audiovisuais para adiantar contidos. A inscrición nesta xornada presencial está aberta.

Segue
Lingua  (30-07-2023)

En agosto volve #veránlingua, o cancelo estival para revisarmos recursos

#veránlingua

Por segundo ano consecutivo, desde a CTNL durante este mes de agosto, ademais das novas de interese para o colectivo que se produciren, compilaremos día a día na nosa conta de Twitter, recomendacións de lecturas, audiovisuais, webs de proxectos… Porque entendemos que o verán é tempo de facer as cousas con máis vagar e temos a oportunidade de deternos nalgúns recursos que talvez xa anunciamos durante o ano, pero agora podemos revisar cando os días son máis longos e solleiros. Tamén poder dirixir a ollada cara a outros dominios lingüísticos e ver e saber máis sobre o que se está a facer neles.

Segue
Lingua  (27-06-2023)

Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Narón

Concello de Narón

O Concello de Narón publicou no BOP de hoxe a súa Ordenanza de normalización lingüística. Este texto aprobouse no Pleno da Corporación do pasado 27 de abril.

Segue
Convocatorias  (30-05-2023)

A Deputación de Pontevedra convoca unha praza de tradutor/a de lingua galega como funcionario/a interino/a

Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra publicou no BOP de Pontevedra do 26 de maio a convocatoria dunha praza de tradutor/a de lingua galega en réxime de interinidade. O prazo para presentar solicitudes finaliza o 5 de xuño.

Segue
Convocatorias  (25-05-2023)

Vilagarcía de Arousa publica as bases para a provisión dunha praza de TNL

Concello de Vilagarcía de Arousa

O Concello de Vilagarcía de Arousa publicou na súa sede electrónica as bases para a provisión dunha praza de técnico/a medio de normalización lingüística, incluída na oferta de emprego público para 2022. Estas bases publicaranse no BOP de Pontevedra e posteriormente tamén se publicarán anuncios da convocatoria no DOG e no BOE.

Segue


Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego