CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Portada


CTNL  (16-01-2019)

A CTNL solicita ao Concello de Oleiros que inclúa a praza de TNL na súa RPT

Concello de Oleiros Logo da recente aprobación da relación de postos de traballo do Concello de Oleiros, a CTNL solicitoulle que a modifique puntualmente e inclúa neste importante documento organizativo a praza de técnico/a de normalización lingüística con que conta desde hai 10 anos. Esta inclusión suporía un grande avance cara á estabilización do SNL.

Segue
Convocatorias  (10-01-2019)

Bases da convocatoria de subvencións para SNL nas entidades locais da Deputación Provincial da Coruña

Deputación Provincial da Coruña

A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 10 de xaneiro de 2019 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2019, dirixida a entidades locais. O prazo para solicitar as axudas iniciarase após a publicación do extracto da convocatoria remitido pola BDNS.

Segue
Convocatorias  (09-01-2019)

Axudas da Deputación Provincial de Pontevedra en materia de normalización lingüística dirixidas ás entidades locais da provincia

Deputación Provincial de Pontevedra

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe publicáronse as Bases que de subvencións para a dinamización lingüística dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2019. No mesmo BOP publicouse o extracto correspondente, que marca o prazo para presentar as solicitudes: do 10 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Segue
Lingua  (07-12-2018)

Ordenanza de impulso do galego no Concello de Oia

O Concello de Oia acaba de aprobar a súa Ordenanza de o impulso do galego. Tras a aprobación inicial o 27 de setembro e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 7 de decembro de 2018.

Segue
CTNL  (02-12-2018)

A CTNL diríxese aos concellos de Outes e de Arzúa para que inclúan as súas prazas de TNL na próxima aprobación da RPT

Servizos de normalización lingüística

Ante a aprobación inicial das relacións de postos de traballo de Outes e Arzúa, a CTNL dirixiuse a estes concellos para que inclúan neste documento unha praza de técnico/a de normalización lingüística. Desta forma poderían dar estabilidade aos SNL temporais destes dous concellos.

Segue
Formación  (20-11-2018)

Segunda xornada Malas Linguas

Segue


Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego