CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Portada


Convocatorias  (16-07-2020)

A Xunta convoca as subvencións para a promoción da lingua galega dirixidas a entidades locais, para o mantemento e reforzo de SNL

Servizos de normalización lingüística

A Consellería de Cultura e Turismo convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega dirixidas ás entidades locais (excluídas as deputacións), nas modalidades de mantemento e reforzo de SNL. O prazo para solicitar estas axudas é dun mes.

Segue
Formación  (15-07-2020)

A V Xornada de Onomástica Galega abordará os nomes comerciais

V Xornada de Onomástica Galega

A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o vindeiro 7 de novembro a V Xornada de Onomástica Galega, que estará dedicada aos nomes comerciais. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. A entrada é libre mais tamén é posible inscribirse para obter diploma de asistencia ou recoñecemento como actividade de formación permanente do profesorado.

Segue
Convocatorias  (30-06-2020)

Dúas prazas de redactor/a-corrector/a na Deputación Provincial de Pontevedra

Deputación de Pontevedra

A Deputación Provincial de Pontevedra publicou no BOP do venres 26 de xuño as bases de varios procesos selectivos, entre eles para dúas prazas de redactor/a-corrector/a. O prazo de inscrición está aberto do 5 ao 24 de agosto.

Segue
CTNL  (18-06-2020)

A CTNL presenta alegacións á aprobación da RPT de Betanzos

Concello de Betanzos (fonte: Galipedia) O Concello de Betanzos anunciou a aprobación provisional da súa relación de postos de traballo (nos BOP do 16 de marzo e do 17 de xuño). Neste documento non se inclúe a praza de técnico/a de normalización lingüística, posto existente en Betanzos desde o ano 2005. Polo tanto, a CTNL presentou alegacións co fin de que se corrixa esta eiva na aprobación definitiva da RPT.

Segue


Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego