CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


2124 votos
Votar | | | |


26-09-2013

II edición do Premio Empresarial Abertos ao Galego

II edición do Premio Empresarial Abertos ao Galego
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca por segundo ano o Premio Abertos ao Galego, un galardón co que se recoñece unha empresa que destaque polo uso normal do idioma do país. O prazo para a presentación de candidaturas remata o día 31 de outubro de 2013


BASES DA SEGUNDA EDICIÓN DO PREMIO ABERTOS AO GALEGO (2013)

Abertos ao Galego é un proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística para avanzar na normalización do idioma de Galiza no ámbito empresarial. O Premio Abertos ao Galego quere contribuír a este obxectivo e implicar o conxunto da sociedade na súa consecución. Para isto, o Premio Abertos ao Galego outorgaranse de acordo coas seguintes bases:


1- O Premio Abertos ao Galego concederáse anualmente a unha empresa que se distinga no uso normalizado da lingua galega.

2- As candidaturas para o Premio Abertos ao Galego poden presentarse de calquera das seguintes formas:

- Os membros do xurado poderán propor unha ou varias empresas.

- Calquera empresa ou particular pode presentar unha ou varias candidaturas enviando á sede da Mesa pola Normalización Lingüística (Avenida de Lugo, 2A Entresollado A, 15702, Santiago de Compostela) ou por correo electrónico (abertosaogalego@amesanl.org) unha proposta que inclúa o nome e datos de contacto da empresa xunto cunha explicación da candidatura na cal se incida no uso do galego que se fai desde a empresa candidata.

- Todas as empresas que xa formen parte de Abertos ao Galego son candidatas.

3. O prazo para a presentación de candidaturas remata o día 31 de outubro de 2013. Para as candidaturas remitidas por correo postal, admitiránse candidaturas enviadas até esa data,e as que se reciban antes da data da reunión do xurado.

4. O xurado do Premio Abertos ao Galego estará conformado polos compoñentes da Comisión Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística, e un representante da empresa gañadora na edición anterior. Tamén serán convidados a formar parte do xurado unha asociación de consumidoras/es e unha entidade asociativa do ámbito da empresa (cámaras de comercio, asociacións empresariais…). A presidencia do xurado recaerá na presidencia da Mesa pola Normalización Lingüística.

5. O xurado seleccionará a empresa premiada tendo en conta os obxectivos e finalidade do premio, e pode optar por deixalo deserto. A súa decisión será inapelábel.

6. As persoas que remitiron candidaturas a título particular entrarán no sorteo dun lote de produtos das empresas de Abertos ao Galego. Para poderen participar no concurso é imprescindíbel que se teñan identificado con nome, apelidos, número de carné de identidade, teléfono e enderezo postal. Toda esta información xestionaráse de acordo co disposto na Lei 15/1999, de protección de datos de carácter persoal.

7. As empresas candidatas, para poderen manter esta condición, deberán acceder a facilitar información ao xurado en relación cos usos lingüísticos que practican interna e tamén externamente.

8. Os premios serán entregados nun acto público ao cal se dará difusión polos medios que determine A Mesa pola Normalización Lingüística, entre eles, as redes sociais.

9. O premio, ademais de no seu carácter simbólico, materialízase na pertenza ao proxecto Abertos ao Galego por un ano para a empresa gañadora. Na portada da páxina web da Mesa pola Normalización Lingüística (www.amesanl.org) figurará o logotipo da empresa gañadora cada ano.

10. As empresas premiadas poderán mencionar na súa comunicación externa e interna a posesión deste premio.

+info: http://amesanl.org/gl/novas/amosar/id/562

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego