CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


522 votos
Votar | | | |


20-04-2015

Para celebrar mellor as Letras Galegas, desde a CTNL propomos... Que se vexa! o galego

Que se vexa! o galego
«Queremos unha lingua viva, útil, moderna, atractiva, visible. Queremos un idioma para tod@s. E queremos que se vexa! E a celebración das Letras Galegas debe servir para contribuír a visibilizar a lingua en todos os ámbitos e a dar unha imaxe máis moderna e atractiva do noso idioma.» Así comeza a proposta que a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) lle envía a todos os concellos, institucións, centros de ensino, entidades, etc.




QUE SE VEXA! O GALEGO
[Aquí a proposta en .pdf]
[Aquí podes descargar o logo e as cores para poder usar (.pdf)]

Queremos unha lingua viva, útil, moderna, atractiva, visible. Queremos un idioma para tod@s. E queremos que se vexa! E a celebración das Letras Galegas debe servir para contribuír a visibilizar a lingua en todos os ámbitos e a dar unha imaxe máis moderna e atractiva do noso idioma.

Por iso, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) propómoslles a todas as entidades que os actos, programas, imaxe, actividades, accións, discursos, etc., que se fagan arredor do Día das Letras Galegas teñan isto en conta, e sirvan para dar ese imaxe de lingua viva, útil, moderna e atractiva para tod@s e en todos os ámbitos e situacións sociais, no comercio, no deporte, no asociacionismo, entre a mocidade, nas novas tecnoloxías, no ensino, na cultura, na comunicación, no lecer, nas empresas, na música, nos parques, nos centros de saúde, etc.

Deste xeito, propomos o lema QUE SE VEXA! O GALEGO, para que quen queira o utilice para salientar esa idea de darlle protagonismo ao idioma e para destacar que os actos programados se centran en visibilizar unha lingua viva e rica válida para todos o ámbitos e situacións. E propomos que, ademais do lema que se pode engadir a todas as iniciativas, se complete a súa presentación coas ideas que transmitimos, tal como as recollemos a seguir ou como cada entidade decida explicalas:


QUE SE VEXA! O GALEGO en todos os recunchos, do 1 ao 31 e tamén o 17! Que se vexa a lingua cada ano, cada mes, cada día e cada hora porque é motivo de celebración os 365 días do ano. Aproveitemos para incorporar o galego entre todos e todas, desde os pequechos ás máis vellas, recuperemos os espazos e os usos que lle corresponden, lembremos que todas as ocasións son boas para amosar a lingua.

O 17 de maio é un día moi especial para o noso idioma, mais todos o deben ser se queremos mil primaveras máis para a lingua. Lembramos a aqueles escritores e escritoras que fixeron do galego a mellor ferramenta creativa para lles transmitir ás seguintes xeracións o seu legado, mais tamén traballamos para que os que veñen detrás, os nosos fillos, as nosas fillas e os fillos das nosas fillas entendan que o galego é unha lingua útil e imprescindible para a súa vida, un idioma de presente e futuro que nos identifica como galegos e galegas.

Soñamos con vivirmos en galego porque a nosa lingua fainos únicas e sitúanos no mundo con forza propia. Este soño aparece aínda con máis intensidade neste mes que celebramos as nosas letras, unha data sinalada que debe servir para reforzarmos as posibilidades da nosa lingua e a necesidade de abrir novos camiños que afiancen o seu uso no comercio, no deporte, no asociacionismo, entre a mocidade, nas novas tecnoloxías, no ensino, na cultura, na comunicación, no lecer, nas empresas, nos parques, nos centros de saúde... Simplemente "queremos curar a fendedura, esquecer a tristura e volver comezar", queremos, pois, presente e futuro e queremos QUE SE VEXA! O GALEGO.


Ligazóns relacionadas


Que se vexa! o galego (.pdf)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego