CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


607 votos
Votar | | | |


06-11-2015

Encontro de política lingüística municipal. 16 de novembro en Compostela

Encontro de política lingüística municipal. 16 de novembro en Compostela
Actualizar o entusiasmo e activar colaborativamente a implicación dos concellos no fomento do galego son os principais obxectivos do Encontro de política lingüística municipal que terá lugar o luns 16 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela


Os acordos sempre son necesarios. Os impulsos, en moitas ocasións, vitais. E ante a situación da lingua galega, o noso maior e máis prezado ben colectivo e identitario que nos define como galegas e galegos, cómpre tomar iniciativas, con necesario acordo e vital impulso.

Así, é bo actualizarmos entusiasmos, discursos, ferramentas e accións, para o que debemos vérmonos e falar para intercambiarmos e compartirmos impresións, ideas, visións e enfoques. Por iso, este Encontro de Política Lingüística Municipal, un foro para acordarmos ese necesario impulso vital desde os concellos para o futuro da lingua galega.

Información e progama completo en .pdf >

OBXECTIVOS DO ENCONTRO
>Actualizar o entusiasmo e o discurso a prol da lingua galega emitido e difundido desde os concellos.
>Activar a implicación das administracións locais no proceso de normalización da lingua galega.
>Acordarmos e establecermos pautas comúns e mínimos de actuación en materia de normalización do idioma.
>Reforzar a colaboración e o traballo en rede a prol da lingua.
>Desenvolver e ampliar a participación en proxectos dinamizadores colectivos.
 
DATA
Luns 16 de novembro de 2015  
 
LUGAR
Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Avda. do Burgo das Nacións s/n. Santiago de Compostela
   
PARTICIPACIÓN
Están convidadas/os a participar neste encontro alcaldesas e alcaldes, concelleiras/os, representantes políticas/os de deputacións ou outras entidades, técnicas/os de normalización lingüística, representantes de entidades implicadas no proceso de normalización da lingua (institucións, asociacións...), etc.

Para poder participar agradecemos a confirmación de asistencia até o 11 de novembro no enderezo electrónico info@ctnl.gal.

PROGRAMA

9.30 h Recepción de participantes

10.00 h PARA UN NOVO IMPULSO NA POLÍTICA LINGÜÍSTICA MUNICIPAL
Intervencións de benvida

>Martiño Noriega Sánchez
Alcalde de Santiago de Compostela

>Nel Vidal Barral
Presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

10.30 h O PAPEL DOS CONCELLOS PARA O PRESENTE E FUTURO DA LINGUA GALEGA
Exposición de ideas e debate

>Xulio Ferreiro Baamonde
Alcalde da Coruña

>Carmen Basadre Vázquez
Concelleira de Promoción da Lingua de Lugo

>Isabel Vaquero Quintela
Concelleira de Normalización Lingüística de Ames

>José López Campos
Alcalde da Estrada

>Rafael Cuíña Aparicio
Alcalde de Lalín

Conduce o debate: Fernanda Tabarés, xornalista

12.00 h Café conxunto

12.30 h FERRAMENTAS ESTRUTURAIS NECESARIAS PARA A POLÍTICA LINGÜÍSTICA MUNICIPAL
Exposición de propostas para os concellos

>A regulamentación do proceso de normalización lingüística
Nel Vidal Barral, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo

>Os servizos de normalización lingüística
Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística do Concello de Ames

13.15 h PROXECTOS COLABORATIVOS PARA O FOMENTO DO GALEGO
Presentación e integración de concellos

>Apego, para a socialización da infancia en galego
Socorro García Conde, técnica de normalización lingüística do Concello de Santiago de Compostela

>Proxecto para o fomento de youtubeir@s en galego
Mónica Fernández Valencia, técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense

>Club de Debate
Concepción Cochón, técnica de normalización lingüística do Concello de Pontevedra

ORGANIZAN

>Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
www.ctnl.gal

>Concello de Santiago de Compostela
www.santiagodecompostela.gal


Ligazóns relacionadas


Programa_Encontro-Politica-Linguistica-Municipal_16-11-15

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego