CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


44 votos
Votar | | | |


10-12-2017

Mostra @ youtubeir@ que levas dentro!

Mostra @ youtubeir@ que levas dentro!
Chega a segunda edición de Youtubeir@s, o concurso organizado por servizos de normalización lingüística da Administración local e das tres universidades galegas para promover e visibilizar o uso do galego en Youtube. Xa está aberto o período de inscrición de vídeos e canles até o 15 de marzo de 2018.


1.PARA QUE NACEU YOUTUBEIR@S?

Os premios Youtubeir@s teñen como obxectivo incentivar a creación e difusión de vídeos de opinión e videotitoriais en galego, así como a súa promoción e visibilización a través da rede e o recoñecemento daqueles de maior enxeño e creatividade, calidade técnica, eficiencia comunicativa e calidade lingüística.

2.QUEN PODE PARTICIPAR?

Poden optar a estes premios todas as persoas maiores de 14 anos que queiran transmitir algún coñecemento e/ou opinar sobre algún tema de interese a través de vídeos autoproducidos subidos a YouTube de xeito independente ou nunha canle.

Para as/os participantes menores de idade, a inscrición irá acompañada da autorización do/da pai/nai ou titor/a legal mediante o documento que se facilita no web do proxecto.

3.COMO DEBEN SER OS VÍDEOS E AS CANLES PARTICIPANTES?

Todos os vídeos participantes teñen que estar publicados con data posterior ao 28 de abril de 2017 na plataforma de vídeos Youtube, sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición. Teñen que ter unha duración máxima de 5 minutos e licenza Creative Commons.

Os vídeos individuais e/ou canles de YouTube presentadas a Youtubeir@s teñen que estar integramente en galego.

No caso de presentar canles de vídeos ten que haber vídeos realizados con data posterior ao 28 de abril de 2017 e todos os vídeos da canle, sen restricións de privacidade, deben incluír os cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición. As canles que concorran ao Premio Youtubeir@s teñen que ter contidos propios, conter un mínimo de 5 vídeos publicados e estaren abeirados baixo calquera das licenzas Creative Commons.

Están excluídos expresamente os traballos de índole comercial ou publicitaria e aqueles vídeos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.

4.COMO ME INSCRIBO E CANDO?

O prazo para inscribir os vídeos e canles é do 1 de decembro de 2017 ao 15 de marzo do 2018 ás 23.59 h. A participación está aberta ao ámbito internacional e é gratuíta.

As persoas participantes deben inscribirse a través do formulario que figura no web. Cada autor ou autora pode inscribir tantos vídeos ou canles como desexe. No momento da inscrición debe escoller a categoría en que quere inscribirse.

5.QUE CATEGORÍAS HAI ESTE ANO?

- Vídeo-facermos: vídeo que mostra saberes e procesos de elaboración a través dun titorial para que outra xente poida aprender. Por exemplo, unha receita, un truco de maxia, o uso dun programa informático, traballos manuais…

- Vídeo-opinarmos: exposición dunha opinión ou valoración arredor dun tema de interese e dun xeito argumentado. Por exemplo, sobre un libro, un filme, unha serie, sobre temas de actualidade, moda ou tendencias…

- Canle: poderase presentar a Youtubeir@s a canle propia con todos os seus vídeos. Nesta categoría valorarase a calidade na creación de contidos, a traxectoria, a constancia e a capacidade de repercusión (número de visualizacións, comentarios, interaccións…)

7. QUE É A #PROPOSTAYOUTUBEIRA?

Nesta segunda edición @s seguidor@s tamén teñen moito que dicir! A través da rede social Facebook calquera persoa pode propor para que concorran a un premio aqueles vídeos dos cales é seareira.

O prazo para facer estas propostas como público é dende o 20 de decembro ata o 20 de febreiro ás 23.59 h.

Con todas as propostas recibidas crearase un álbum na páxina de Facebook de Youtubeir@s para que todo o mundo poida votar polos seus vídeos favoritos, a través de “gústame” (só serán contabilizados os “gústame”, non os “faime rir”, nin os “abráiame”...).

Esta votación realizarase do 25 de febreiro ao 15 de marzo. Os cinco vídeos que reciban máis “gústame” pasarán ao xurado dos premios, que escollerá entre eles, seguindo os criterios das bases xerais, o Premio do Público #PropostaYoutubeira.

6.QUE PREMIOS PODO LEVAR?

Esta segunda edición de Youtubeir@s ten os seguintes premios:

- Premio ao mellor vídeo-facermos: 1.000 €
- Premio ao mellor vídeo-opinarmos: 1.000 €
- Premio á mellor canle: 1.000 €
- Premio á creatividade: 500 €
- Premio á eficiencia comunicativa: 500 €
- Premio á calidade técnica: 500 €
- Premio á calidade lingüística: 500 €
- Premios do público #propostayoutubeira: 500 €

Cada persoa participante pode recibir máis dun premio e, se o xurado así o considera, pode haber premios declarados desertos ou compartidos. As contías serán únicas e estarán suxeitas ás retencións correspondentes conforme a lexislación tributaria.

7. QUEN PROMOVE ESTA INICIATIVA?

A idea de Youtubeir@s xurdiu en 2015, no marco do IX Curso de verán de dinamización lingüística "Traballando en lingua", organizado pola Universidade da Coruña en colaboración coa CTNL e a SXPL e dedicado á mocidade. Entre novembro de 2016 e abril de 2017 tivo lugar a primeira edición.

E agora chega a segunda edición con máis premios e novidades. Organizan Youtubeir@s os servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, O Grove, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela e Teo, a Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Coruña e os servizos de normalización lingüística das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Bases do concurso e información completa no web Youtubeir@s.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego