16-06-2021O Concello de Nigrán convoca unha bolsa de emprego para TNL
O
Concello de Nigrán convoca un proceso selectivo para crear unha
bolsa de emprego de técnico/a de normalización lingüística. O
contrato que se efectuará a través desta bolsa será de
dous anos e terá un
horario semanal de 18,5 horas.
Prazo para presentar solicitudes:
até o 30 de xuño.
O
Concello de Nigrán abre un proceso selectivo para contratar
un/unha técnico/a de normalización lingüística durante dous anos e cun horario semanal de 18,5 horas, de luns a venres. A contratación efectúase ao abeiro das
axudas para a dinamización lingüística da Deputación de Pontevedra.
FUNCIÓNS DA PRAZA:- Elaborar unha ordenanza ou regulamento de uso da lingua galega no concello. (
A ordenanza do Concello de Nigrán foi aprobada en marzo de 2020.)
- Asesorar a Administración no relacionado coa política lingüística.
- Facer seguimento do cumprimento da lexislación en materia lingüística e velar polos dereitos lingüísticos da cidadanía.
- Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da institución.
- Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos.
- Resolver dúbidas lingüísticas.
- Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega.
- Propoñer programas de dinamización e actividades concretas de concienciación lingüística.
- Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora.
REQUISITOS DE TITULACIÓN:- licenciatura en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa ou Hispánica (subsección galego-portugués);
- grao en Estudos de Galego e Español ou en Lingua e Literatura Galega.
PROCESO SELECTIVO: concurso-oposición, coas seguintes probas:
-
Proba práctica co fin de valorar o dominio do idioma: unha tradución e a redacción dun documento administrativo.
-
Proba oral sobre aspectos profesionais e técnicos.
-
Puntuación do currículo: concurso de méritos.
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES:
Dez días hábiles desde a publicación do
anuncio no BOP de Pontevedra. Este anuncio publicouse o día
16 de xuño; daquela,
o prazo finaliza o 30 de xuño.
DEREITOS DE EXAME:
Os dereitos de exame correspondentes a este proceso selectivo ascenden a
17,5 euros con carácter xeral
ou 4,38 euros para aquelas persoas que acrediten a súa condición de desempregadas.
Bases completas e máis información na
sede electrónica do Concello de Nigrán e como
anexo a esta publicación.