CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


11856 votos
Xa votaches!


21-12-2016

Aprobada a Ordenanza para o impulso da lingua galega no concello de Betanzos

Concello de Betanzos
O Concello de Betanzos acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega. Tras o período de información pública do texto, aprobouse definitivamente e publicouse no BOP da Coruña de hoxe.




O Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 21 de decembro de 2016 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso da lingua galega no concello de Betanzos.

Este texto do consistorio brigantino declara o galego como idioma oficial do Concello, idioma que empregará "en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coas cidadás, cos cidadáns e con todas as entidades situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas".

A ordenanza betanceira ten 23 artigos distribuídos en 14 capítulos. Ao longo do articulado, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións coas empresas privadas; no persoal ao servizo da Administración; e na toponimia e nomes de rúas, emprazamentos e edificios. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma, na calidade lingüística e no uso dunha linguaxe democrática e inclusiva.

O servizo de normalización Lingüística (SNL)
Os obxectivos e as funcións do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal tamén quedan establecidas nesta ordenanza (art. 22), e indícase que debe ser "estable dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización e procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais, e de coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza”. Así mesmo, fixa as súas funcións nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística e asesoramento lingüístico.

Ordenanza para o impulso da lingua galega no concello de Betanzos, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego