24-04-2018Chega a décimo quinta edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

Os SNL das tres universidades galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o
XV Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, para premiar ideas e campañas para fomentar o uso do galego no ámbito universitario.
Prazo: até as 14.00 h do 25 de outubro de 2018O XV Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras está convocado polo
Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, o
Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e a
Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, en colaboración coa
Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nel pode participar calquera membro da tres universidades, ben individualmente, ben en grupo.
MODALIDADESO premio conta con dúas modalidades:
-
Campaña normalizadora: deseño dunha campaña que desenvolva unha iniciativa orixinal e que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario. A proposta deberá conter un punto de partida, os obxectivos que se perseguen, a metodoloxía que se vai empregar, as actividades que se pretenden desenvolver, a planificación temporal, as persoas implicadas e as que implica e a estimación orzamentaria para o seu desenvolvemento. Esta modalidade está dotada dun
premio de 1200 euros.
-
Idea para a promoción do galego: idea que explique razoadamente unha proposta cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do galego no ámbito universitario. Constará obrigatoriamente dun pequeno informe razoado sobre a idea, a súa motivación, os seus obxectivos e a súa incidencia social. Poderá acrecentarse ese informe con calquera material ou soporte que complemente, reforce ou desenvolva a iniciativa. Esta modalidade
premiarase con 800 euros.
PARTICIPANTESO concurso está dirixido a todos os membros da comunidade universitaria galega (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo), así como aos seus respectivos centros adscritos.
Poderanse presentar todas aquelas persoas que o desexaren de xeito individual ou en grupos. Coa constitución de equipos preténdese favorecer a participación dos colectivos que teñen entre os seus obxectivos pular pola normalización do galego, como as comisións de normalización lingüística, as asociacións estudantís, etc.
PRAZOPara a presentación de proxectos hai de prazo
até o 25 de outubro de 2018 (ás 14.00 h).
Bases e información completa, en .pdf,
aquí.