CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


13717 votos
Xa votaches!


11-06-2008

Do bilingüismo harmónico ao bilingüismo integrador. Política lingüística aquí e agora

OPINIÓN: por Nel Vidal Barral

Nel Vidal Barral
Parece ser que o que antes se adxectivaba como "harmónico", pasou agora a adxectivarse como "libre e integrador". Mais, que o que antes era, que agora siga a ser. Múdanse os adxectivos, mantense o substantivo.


Non quero aquí teorizar, nin moito menos, sobre modelos de política lingüística, nin sobre marcas nin obxectivos, nin teorías sociolingüísticas, situación da lingua, dereitos lingüísticos, lexislación... Só quero falar, de xeito moi resumido, da política da lingua aquí e agora. Na práctica, dos recursos, accións e estratexias da política lingüística de Galiza (en concreto, da Xunta e da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que é a quen a normativa lle atribúe as competencias de dirección, planificación, coordinación e execución) nesta lexislatura (agora). Vamos, do desenvolvemento dese novo bilingüismo integrador en comparanza co desenvolvemento do vello bilingüismo harmónico.

No que vai de lexislatura (tres anos) non se aprobou ningunha norma sobre o uso do galego na administración (nin sequera se propuxo). Non existe ningún tipo de coordinación, nin sequera contacto, cos servizos de normalización lingüística das outras administracións. Perdeuse unha grande oportunidade para a normalización coa aplicación dos Celga, pois concedéuselle practicamente a todo o mundo, vía validación, o máximo nivel xeral. Aos medios de comunicación séguenselles repartindo os mesmos cartos sen estes incrementar nin o máis mínimo o uso do galego. As campañas desenvolvidas son un fin en si mesmas, e confíaselles ás friameiras, calendarios, chapas, abridores, almofadas, epitafios e preservativos o incremento do uso e prestixio da nosa lingua. Pese ao prometido, a investigación en humanidades continúa a vivir dos cartos da normalización. Séguense repartindo exposicións literarias a eito por concellos e centros de ensino e contrátanse macroexposicións de 1,5 millóns de euros. O desenvolvemento terminolóxico persiste agochado, en precario e desorganizado. As entidades sociais en defensa da lingua vense máis como ameazas que como potencialidades. Do máis que anunciado Consorcio para a Planificación Lingüística nada (bo) se sabe. Os criterios lingüísticos para acceder aos postos de traballo na administración aínda son os mesmos. A formación continúa a desenvolverse con persoal en precario (mais agora con seguro, aínda que agardemos que non lles pase nada), sen estrutura estábel e sen planificación. A calidade lingüística dos/as responsábeis políticos/as –cando falan en galego, claro– é a que é. Ás asociacións, coma antes, dánselles cartos por facer actividades, publicacións e carteis –do que sexa– en galego e non por desenvolver accións a prol do galego. Os pregos de condicións para a adxudicación de contratos ou dotación de material seguen, en xeral, sen incluíren cláusulas lingüísticas; etc. Cada vez hai máis medo a tomar medidas claras e decididas a prol da lingua.

Certo é que se pasou, hai xa tres anos, dunha dirección xeral na Consellaría de Educación a unha secretaría xeral dependente da Presidencia. Acertadamente, na teoría, sobre todo por dúas razóns: un departamento de maior rango na cúspide da organización e, consecuentemente, maior capacidade de actuación transversal. Na teoría, claro, pois o departamento seguiu coa mesma estrutura, cos mesmos recursos e co mesmo persoal.

Certo é, tamén, que algún avance houbo en educación: novo decreto que recolle o mínimo do 50% do ensino en galego xa acordado por unanimidade no PXNLG e redefinición, algo de formación e primeiros pasos para a procura de coordinación dos ENDL.

Serán, polo tanto, estas dúas as diferenzas reais entre o vello "bilingüismo harmónico" e este novo "bilingüismo libre e integrador"?



Nel Vidal Barral é presidente da CTNL [+info]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego