18-12-2019O galego no ensino. O ensino en galego
A xornada
O galego no ensino. O ensino en galego terá lugar no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela) e ten os seguintes
obxectivos:
- Mostrar distintos
modelos de normalización lingüística aplicados no Estado español e reflexionar sobre os seus resultados.
- Reflexionar sobre a
repercusión do Decreto do plurilingüismo na situación actual da lingua galega e en relación co momento anterior da súa aplicación.
- Mostrar distintas posturas e
iniciativas do profesorado ante a situación da lingua galega no ensino.
- Refexionar sobre o papel da Administración educativa e dos poderes políticos en canto á normalización lingüística.
- Concluír que
medidas se poden tomar
para impulsar a recuperación da lingua en distintos ámbitos dada a situación actual de retroceso e perda de falantes.
PROGRAMASesión de mañá10:00 horas. PILAR GARCÍA NEGRO, profesora UDC e escritora:
A lingua galega no ensino: acomodación ou normalización?11:30 horas. PERE MAYÁNS BALCELLS, xefe do Servei de Suports i Recursos Lingüístics do Departament d´Educació da Generalitat:
A escola no proceso de normalización lingüística do catalán en Catalunya12:30 horas. Descanso
13:00 horas. PAUL BILBAO SARRIA, secretario xeral de Kontseilua (Consello de Organismos Sociais do Éuscaro):
Competencia na lingua propia no sistema educativo da Comunidade Autónoma Vasca: luces e sombrasSesión de tarde16:30 horas. MERCEDES QUEIXAS ZAS, docente de lingua e literatura galegas e escritora:
A reconstrución dunha desfeita. Abrir un tempo novo para tomar a palabra17:30 horas.
O profesorado toma a iniciativa: posta en común de experiencias normalizadoras actuais:
- CIBRÁN ARXIBAI QUEIRUGA, docente de matemáticas no IES Antón Losada Diéguez da Estrada
- DOLORES OUBIÑA MILLÁN, docente na escola de educación infantil A Pastora de Cambados
- SOFÍA RAMA LORENZO, docente de lingua e literatura galegas no IES Félix Muriel de Rianxo
- COVADONGA RODRÍGUEZ ARGUELLES, docente e responsábel da biblioteca no CEIP Xosé María Brea Segade de Rianxo
- NEL VIDAL BARRAL, docente de lingua e literatura galegas no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo.
19:30 horas. Conclusións
MATRÍCULAA
matrícula é
gratuíta e debe facerse a través do formulario
desta páxina. O
prazo está aberto
até o 24 de xaneiro.
Máis información
aquí.