23-02-2021Convocatoria de axudas da Deputación de Pontevedra para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL nas entidades locais da provincia

A
Deputación Provincial de Pontevedra convoca no
BOP de hoxe, 23 de febreiro, o programa anual de
axudas para a creación, o mantemento e o reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais.
MODALIDADES DE AXUDASA convocatoria establece
tres modalidades de axudas:
-
creación de novos servizos de normalización lingüística
-
mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes
-
reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes.
ENTIDADES BENEFICIARIAS- Para a creación de SNL: concellos da provincia de Pontevedra de entre 5.000 e 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia que, en conxunto, cheguen a 5.000 habitantes.
- Para o mantemento de SNL: concellos da provincia de Pontevedra que no momento da publicación desta convocatoria teñan creado e en funcionamento un SNL.
- Para o reforzo de SNL: concellos que conten con SNL e queiran melloralo contratando persoal a maiores ou incrementando a xornada existente.
PERFIL TÉCNICO E FUNCIÓNS DOS SNLA Deputación Provincial de Pontevedra detalla na convocatoria os
requisitos de titulación dos técnicos/as de normalización lingüística e publica unha
relación pormenorizada das funcións que debe desenvolver un servizo de normalización lingüística (
base segunda da convocatoria).
ORZAMENTO E CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDASO
orzamento total das axudas será de
200.000 euros.
Cando o beneficiario sexa un concello ou entidade local a Deputación contribuirá, no exercicio 2021, cun importe máximo de
20.000 euros para contratación do persoal técnico a xornada completa.
Se o contrato é de media xornada, o importe máximo será de 10.000 euros e, se a xornada é inferior, o importe reducirase proporcionalmente.
No caso de que a axuda se solicite para a creación, mantemento ou reforzo do SNL dunha
agrupación de concellos o importe máximo da axuda será de
25.000 euros por xornada completa e 12.500 euros por media xornada. Noutros tipos de xornada, sen que poida nunca ser inferior á media xornada, o importe reducirase proporcionalmente.
Se o orzamento total de 200.000 euros non for suficiente debido a un número elevado de solicitudes, o órgano concedente prorrateará entre as entidades beneficiarias da subvención o importe global máximo destinado ás subvencións.
PRAZO E MODALIDADE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESO
prazo de presentación de solicitudes
comeza o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria, é dicir,
o 24 de febreiro e finaliza o 12 de marzo de 2021.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na
Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.
PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDASDe acordo coas bases e co extracto da convocatoria, o
prazo de xustificación das axudas remata
o 28 de febreiro de 2022.
Bases en .pdf. (BOP do 23 de febreiro de 2021)
Extracto en .pdf. (BOP do 23 de febreiro de 2021)
RECOMENDACIÓNS DA CTNL PARA A MELLORA DAS AXUDASPrecisamente esta semana
a CTNL dirixiuse á deputada de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos para facerlle chegar unha análise das axudas do ano 2020 (tanto as destinadas a servizos de normalización lingüística como as dirixidas a actividades) e
recomendacións de mellora para as axudas que se convoquen no futuro. Algunhas das recomendacións son:
- Publicación das convocatorias o máis axiña posible no ano en curso.
- Que nas axudas para actividades se subvencionen
programas de normalización lingüística e non accións dispersas.
- É recomendable valorar no baremo das axudas a actividades a
transversalidade dos programas, a súa
duración, o
número de actividades e mesmo se as entidades contan con
SNL ou van crealo.
- Os
ámbitos de traballo prioritarios deben ser a infancia e a mocidade, a economía, o comercio, as novas tecnoloxías, o lecer, o deporte…, en lugar de certames literarios, homenaxes, Día das Letras Galegas ou manifestacións culturais en galego.
En opinión da CTNL, o obxectivo dos dous tipos de axudas da Deputación Provincial de Pontevedra debe ser
favorecer que o labor de promoción da lingua sexa continuado a través de estruturas técnicas de normalización lingüística nos concellos da provincia.
Na actualidade,
só oito concellos da provincia teñen servizo de normalización lingüística e hai cinco comarcas sen servizo ningún. Até 17 concellos de máis de 10.000 habitantes cadrecen de departamento técnico de normalización lingüística. Estas carencias dificultan a creación dunha rede que permita traballar colaborativamente no ámbito provincial con moita máis eficiencia.
Informe dirixido á Deputación Provincial de Pontevedra, en pdf.