CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


623 votos
Votar | | | |


11-05-2021

Convocatoria dunha bolsa de emprego para TNL no Concello de Cedeira

Anuncio do Concello de Cedeira
O Concello de Cedeira publicou no BOP de hoxe a convocatoria e as bases para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística. O sistema de provisión será un concurso de méritos e entrevista curricular. Prazo para presentar solicitudes: 10 días naturais.


O Concello de Cedeira publicou no BOP do 11 de maio de 2021 a convocatoria e as bases para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

- grao en Lingua Galega, licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)
- outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)

SISTEMA DE SELECCIÓN

O proceso de selección consistirá en dúas fases:

- Concurso de méritos: valoraranse a experiencia profesional e os cursos de formación sobre materias relacionadas coas funcións da praza de máis de 20 horas. A valoración máxima desta fase é de 20 puntos.

- Entrevista curricular: a comisión realizará unha entrevista sobre aspectos do currrículo, funcións do posto, actualización de coñecementos, coñecemento do municipio. A valoración máxima desta proba é de 1 punto.

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais que se contarán desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. É dicir, o prazo finaliza o 21 de maio de 2021.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira, na Sede Electrónica ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Bases e convocatoria en .pdf
(BOP do 11 de maio de 2021)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego