CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


257 votos
Votar | | | |


24-03-2022

A Deputación de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización da lingua en 2022

Deputación Provincial de Pontevedra
A Deputación Provincial de Pontevedra convoca axudas para realizar actividades de dinamización da lingua galega durante 2022 dirixidas a entidades sen fins de lucro e concellos de menos de 50.000 habitantes. O prazo para solicitar estas axudas é dun mes.





As convocatorias e os seus correspondentes extractos están publicadas no BOP do 24 de marzo de 2022.

AXUDAS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO

Obxecto

Actividades que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 das seguintes características:

- Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega: certames literarios e xornalísticos, creacións audiovisuais e literarias, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega

- Sociolingüística e toponimia: estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia

- Fomento do emprego do galego no comercio e na industria: xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega

- Recoñecementos e distincións: actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego

- Obradoiros orientados a reforzar o traballo a prol do uso da lingua entre a veciñanza

- Producións de materiais en galego (documentación permanente, creativa ou publicitaria; revistas en papel e en formato electrónico, vocabularios, manuais; recursos para o lecer e xogos en galego, páxinas web; e outros) que teñan como fin introducir ou estender o uso da lingua nalgún eido.

Destinatarias

Entidades sen fins de lucro que desenvolvan as súas actividades na provincia ou, excepcionalmente, fóra deste ámbito cando versen sobre temas de interese para a provincia

Orzamento

120.000 euros

Solicitudes

Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra

Prazos

- Para solicitar as axudas: até o 25 de abril de 2022
- Para xustificar as axudas: até o 28 de febreiro de 2023

Valoración das candidaturas

Na base décimo segunda recóllense os criterios de valoración das candidaturas, entre as que están o ámbito xeográfico, o orzamento ou a consolidación das actividades ou programas.

Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 24 de marzo de 2022)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 24 de marzo de 2022)


AXUDAS PARA CONCELLOS

Obxecto

Actividades ou programas que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 das seguintes características:

- Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega: certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega

- Sociolingüística e toponimia: estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia

- Fomento do emprego do galego no comercio e na industria: xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega

- Recoñecementos e distincións: actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego

- Calquera outra actividade ou programa de actividades cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade

- Fomento do emprego do idioma galego: actividades para a captación de neofalantes, actividades de dinamización e normalización da lingua galega.

Destinatarios

Concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

Orzamento

100.000 euros

Solicitudes

Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra

Prazos

- Para solicitar as axudas: até o 25 de abril de 2022
- Para xustificar as axudas: até o 28 de febreiro de 2023

Valoración das candidaturas

Na base décimo segunda recóllense os criterios de valoración das candidaturas, entre as que están dispoñer dun servizo de normalización lingüística.

Os concellos da provincia de Pontevedra poden dotarse de servizo de normalización lingüística beneficiándose doutra convocatoria de axudas da propia Deputación. O prazo para solicitar estas axudas para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL finalizou o 21 de marzo.

Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 24 de marzo de 2022)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 24 de marzo de 2022)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego