19-12-2022O Concello de Ferrol publica as bases para a provisión definitiva da praza de TNL

O
Concello de Ferrol publicou no
BOP do 19 de decembro as bases que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de
técnico/a de normalización lingüística.
Ao abeiro da
Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o
Concello de Ferrol publicou no
BOP do 19 de decembro as
bases polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de
técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓNConcurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 60 puntos) e a formación (até 40 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓNEstar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, a titulación de licenciatura ou grao en Filoloxía Hispánica (Subsección Galego-Portugués) ou Filoloxía Galega.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESSerá de
20 días naturais desde o día seguinte á
publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este
anuncio publicouse no
BOE do 18 de xaneiro de 2023; por tanto, o prazo finaliza o 7 de febreiro.
BOLSA DE EMPREGODe conformidade co establecido na disposición adicional cuarta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, as convocatorias de estabilización poderán prever para aquelas persoas que non superen o proceso selectivo a súa inclusión en bolsas de persoal funcionario interino ou a súa integración en bolsas xa existentes.
Nestas bolsas integraranse aqueles candidatos que, participando no proceso de estabilización correspondente non o superen.
Bases do proceso, en .pdf (BOP da Coruña do 19 de decembro de 2022)
Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 3 de xaneiro de 2023)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 18 de xaneiro de 2023)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua
aquí e
aquí.