CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


581 votos
Votar | | | |


19-12-2022

O Concello de Fisterra publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL

Concello de Fisterra
O Concello de Fisterra publicou no BOP do 19 de decembro as bases que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.







Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Fisterra publicou no BOP do 19 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de técnico/a de normalización lingüística.

SISTEMA DE SELECCIÓN

Concurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 90 puntos) e a formación (até 10 puntos).

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Título universitario de grao ou antiga diplomatura ou equivalentes.

FUNCIÓNS

- Asumir o deseño, así como a materialización e desenvolvemento práctico das actividades e actuacións desenvolvidas pola unidade, no eido da Normalización Lingüística, todo isto dentro da capacitación profesional e baixo as directrices directas da Concellaría correspondente.

- Asesorar ao Concello en todo o relacionado coa política lingüística así como facer un seguimento do cumprimento da lexislación lingüística.

- Asumir a responsabilidade sobre o fomento da mellora da calidade lingüística no conxunto da actividade administrativa municipal, planificando propoñendo e desenvolvendo programas e accións concretas no ámbito lingüístico.

- Deseñar e participar activa e materialmente nos programas e actividades de índole cultural realizados e promovidos dende a unidade, no eido da súa capacitación profesional.

- Control de altas, baixas, modificación do Padrón Municipal de Habitantes. (Función suprimida mediante unha corrección de erros publicada no BOP do 17 de xaneiro de 2023)

- Rexistro e Tramitación TEDeC

- Asumir a supervisión e seguimento operativo daquelas actividades que dende a unidade se propoñan, garantindo o seu adecuado desenvolvemento.

- Incentivación e organización da participación veciñas nos programas e/ou actividades culturais do Concello.

- Colaborar e participar por necesidade ou requirimento nos restantes programas e actividades do departamento no eido da súa capacitación.

- Calquera outra, propia da súa capacitación profesional, e vinculada co eido competencial no que se integra.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 29 de decembro de 2022; polo tanto o prazo finaliza o 27 de xaneiro de 2023.

Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 19 de decembro de 2022)

Corrección de erros nas bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 17 de xaneiro de 2023)

Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 29 de decembro de 2022)

Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, en .pdf (BOP da Coruña do 8 de marzo de 2023)

Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego