24-02-2023A Deputación de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización da lingua en 2023

As convocatorias e os seus correspondentes extractos están publicadas no
BOP do 23 de febreiro de 2023.
AXUDAS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (procedemento SIA 215828)
ObxectoActividades que se realicen
entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023 das seguintes características:
- Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega: certames literarios e xornalísticos, creacións audiovisuais e literarias, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega
- Sociolingüística e toponimia: estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
- Fomento do emprego do galego no comercio e na industria: xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
- Recoñecementos e distincións: actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
- Obradoiros orientados a reforzar o traballo a prol do uso da lingua entre a veciñanza
- Producións de materiais en galego (documentación permanente, creativa ou publicitaria; revistas en papel e en formato electrónico, vocabularios, manuais; recursos para o lecer e xogos en galego, páxinas web; e outros) que teñan como fin introducir ou estender o uso da lingua nalgún eido.
DestinatariasEntidades sen fins de lucro que desenvolvan as súas actividades na provincia ou, excepcionalmente, fóra deste ámbito cando versen sobre temas de interese para a provincia
Orzamento150.000 euros
SolicitudesPresentaranse obrigatoriamente
por vía electrónica a través da
Sede Electrónica da Deputación de PontevedraPrazos- Para
solicitar as axudas: até o
23 de marzo de 2023- Para
xustificar as axudas: até o
28 de febreiro de 2024Valoración das candidaturasNa base décimo terceira recóllense os
criterios de valoración das candidaturas, entre as que están o ámbito xeográfico, o orzamento ou a consolidación das actividades ou programas.
Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 23 de febreiro de 2023)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 23 de febreiro de 2023)
AXUDAS PARA CONCELLOS (procedemento SIA 2329331)
ObxectoActividades ou programas que se realicen
entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023 das seguintes características:
- Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega: certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega
- Sociolingüística e toponimia: estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
- Fomento do emprego do galego no comercio e na industria: xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
- Recoñecementos e distincións: actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
- Calquera outra actividade ou programa de actividades cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade
- Fomento do emprego do idioma galego: actividades para a captación de neofalantes, actividades de dinamización e normalización da lingua galega.
DestinatariosConcellos da provincia de menos de 50.000 habitantes
Orzamento150.000 euros
SolicitudesPresentaranse obrigatoriamente
por vía electrónica a través da
Sede Electrónica da Deputación de PontevedraPrazos- Para
solicitar as axudas: até o
23 de marzo de 2023- Para
xustificar as axudas: até o
28 de febreiro de 2024Valoración das candidaturasNa base décimo terceira recóllense os
criterios de valoración das candidaturas, entre as que están
dispoñer dun servizo de normalización lingüística.
Os concellos da provincia de Pontevedra poden dotarse de servizo de normalización lingüística beneficiándose
doutra convocatoria de axudas da propia Deputación. O
prazo para solicitar estas axudas para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL
finaliza o 2 de marzo.
Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 23 de febreiro de 2023)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 23 de febreiro de 2023)
ADDENDASubvencións concedidas durante o primeiro trimestre de 2023, en .pdf (BOP de Pontevedra do 27 de xuño de 2023). Inclúe as axudas a concellos para actividades de dinamización lingüística.