17-05-2023Curso de verán de dinamización lingüística: Traballando en lingua no lecer
A
Universidade da Coruña convoca a décimo sexta edición do seu curso de verán sobre dinamización lingüística, titulado nesta ocasión
Traballando en lingua no lecer. Esta actividade formativa centrarase en analizar o fomento do uso da lingua a través do lecer e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos e para a utilizarmos na mellora do seu proceso de normalización, traballando os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos etc.
Colaboran no curso o
Concello de Carballo e a
Secretaría xeral de Política Lingüística.
O curso terá lugar no
Fórum Carballo os días
12 e 13 de xullo de 2023.
MatrículaO prazo de inscrición está
aberto até o día 6 de xullo e hai diferentes modalidades de matrícula:
- para membros da comunidade da UDC, alumnado doutras universidades, persoas desempregadas ou pensionistas terá un importe de 30 euros
- a inscrición xeral será de 50 euros
- haberá tamén catro bolsas con matrícula gratuíta.
Persoas destinatariasPersoas que traballan ou que están interesadas no proceso de normalización da lingua galega, especialmente técnicos/as de normalización lingüística, docentes, dinamizadoras/es socioculturais, estudantes, membros de asociacións, de empresas de dinamización social, lingüística ou cultural, técnicas/os de cultura, animadoras/es, etc.
Programa completo, inscrición e máis información
aquí.
Programa en .pdf