CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


1586 votos
Votar | | | |


13-04-2009

Contratación laboral temporal de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Cariño

Concello de CariñoO Concello de Cariño convoca unha praza laboral temporal de técnico/a de normalización lingüística por obra ou servizo determinado. A selección farase mediante concurso-oposición e o prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais desde a publicación do anuncio.

Bases para a contratación laboral temporal dun/dunha normalizador/a lingüístico/a no Concello de Cariño mediante concurso-oposición

1º.-OBXECTO.- O obxecto da presente convocatoria é a contratación como persoal laboral temporal dun/dunha normalizador/a lingüístico/a no concello de Cariño, consistindo a obra no desenvolvemento da subvención que se outorga pola Deputación Provincial da Coruña a través do convenio de cooperación para o financiamento do mantenemento dun servizo de normalización lingüística.

2º.-CONDICIÓNS DO CONTRATO.- A contratación realízase a través da modalidade de contrato de obra ou servizo a xornada completa e cunha duración do contrato estimada ata o día 31 de decembro de 2009, podéndose prorrogar no caso de que a Deputación prorrogue o convenio de financiamento do servizo.
Fíxanse unhas retribucións brutas mensuais de 645 € que se financian con cargo á subvención que se obtén da Deputación.

3º.-FUNCIÓNS E OBRIGAS DO NORMALIZADOR/A LINGÜÍSTICO/A. As obrigas do normalizador/a lingüístico/a serán:

- Asesorar á Administración en todo o relacionado coa política lingüística, mellorar a calidade lingüística e resolver dúbidas lingüísticas.

- Facer un seguimento do cumprimento da lexislación en materia lingüística e velar porque se garantan os dereitos lingüistícos á cidadanía.

- Planificar, xestionar e executar programas en prol da lingua galega , fomentando o uso do idioma en todos os sectores , propiciar liñas de información e axuda en todos os sectores sociais.

-Planificar, xestionar e coordinar cursos de lingua galega, difusión de materiais que contribúan á tarefa normalizadora e colaborar no deseño de programas de formación .

- Outras actividades similares a efectos de xeneralizar o uso adecuado do idioma.

4º.-CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Para poder participar no presente concurso de méritos os aspirantes han de reunir os seguintes requisitos:

a) Ser español ou cidadán comunitario.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade, na data en que remate
o prazo de presentación de instancias.

c) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño dos traballos esixidos.

d) Non atoparse incurso en causas de incompatiblidade ou de incapacidade establecidas na lexislación vixente.

e) Estar en posesión do título de Licenciado/a ou equivlente

5º.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.- As instancias para participar no presente concurso ( conforme ao modelo que figura no anexo I) dirixiranse ao Sr. alcalde do Concello de Cariño, e presentaranse no Rexistro Xeral, no prazo de vinte días naturais, que se contarán a partir do seguinte á inserción deste anuncio no Diario de Ferrol.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

Ás instancias xuntaráselles, ademais da copia do DNI, unha relación de todos os méritos que se aleguen, acompañados da súa documentación acreditativa, en orixinal ou en fotocopia compulsada así como o orixinal ou a fotocopia compulsada do título esixido para cubrir a praza.

6º.- ADMISIÓN DE SOLICITUDES.- A relación de admitidos e excluídos publicarase no Taboleiro de Edictos da Casa Consistorial fixándose, no mesmo anuncio, o día, a hora e o lugar de realización do procedemento selectivo. Concederase un prazo de tres días naturais para efectos de reclamacións ou subsanacións de erros. A lista definitiva publicarase do mesmo xeito, figurando a composición da Comisión de selección.

7º- COMISIÓN DE SELECCIÓN.- Estará constituído da seguinte maneira:

- Presidente: Un funcionario do Concello designado pola Alcaldía.

- Secretario: O da Corporación ou un funcionario do Concello en que delegue.

- Vogais: Polo menos tres vogais designados pola Alcaldía que teñan titulación superior á esixida para o acceso á praza convocada, que sexan funcionarios ou persoal fixo.

8º.-SELECCIÓN.- A selección realizarase en dúas fases: fase de oposición e fase de concurso
Fase de oposición: ( máx 10 ptos )

Primeiro exercicio " eliminatorio "( máx 5 ptos ): realización dun exercicio escrito tipo test de media hora de duración que consistirá na resposta de dez preguntas sobre o seguinte temario:

1.- A lexislación lingüística. O marco normativo xeral. A lei de normalización lingüística. A normativa no ámbito local e na función pública.

2.-Definición e obxectivos da planificación lingüística. A normalización lingüística. Criterios de elaboración dun plan de normalización lingüística. A dinamización dentro da planificación lingüística.

3.- Os servizos de normalización lingüística: definición organización e funcións. A dinamización, a formación e o asesoramento desde un SNL.

4.- Liñas xerais do proceso de normalización lingüística nos ámbitos educativo, institucional, socioeconómico e da comunicación en Galiza.

5.- As institucións, organismos públicos e organizacións sociais relacionados coa normalización lingüística. Política lingüística na Administración Local galega: a intervención desde os Concellos.

O exercicio será cualificado, en total, de 0 a 10 puntos, e será necesario para aprobar obter a puntuación mínima de 5 puntos.

Segundo exercicio ( máx 5 puntos ) : Consistirá na traducción dun texto proposto polo Tribunal. O tempo de realización deste exercicio será dunha hora. Térase en conta a calidade lingüística e para aprobar será necesario obter un mínimo de 2,5 puntos.

Fase de concurso: ( máx. 5 puntos )

Valoraranse os seguintes méritos, conforme aos baremos que se indican:

- Título de licenciado/a en Filoloxía Galega ou Hispánica ( sección galego) : 2 puntos.

- Título de maestro co diploma de especialista en lingua galega ou co diploma do curso de nivel superior de linguaxe administrativa Galega: 1 punto.

- Outras titulacións oficiais superiores ás esixidas na convocatoria: 0,5 puntos.

2. Coñocemento do Galego: computarase só o nivel máis alto:

-Curso iniciación ou equivalente : 0,25 puntos.

- Curso perfeccionamiento ou equivalente: 0,50 puntos.

- Curso Linguaxe administrativo, nivel medio ou equivalente: 1 punto.

3. Cursos formativos: Cursos formativos relacionados coas tarefas que se van desenvolver e o coñocemento da informática. Valoraranse ata un máximo de 1 punto da seguinte maneira:

- Cursos de menos de 40 horas de duración: 0,10 puntos cada un.

- Cursos de máis de 40 horas: 0,20 puntos cada un.

4. Experiencia profesional: poderase obter ata un máximo
de 1 punto, valorándose da seguinte maneira:

- Polos servizos prestados como tradutor, normalizador ou similar na Administración pública: 0,5 puntos por cada mes de servizo.

- Pola impartición de cursos de galego : 0,5 por cada curso impartido.

- Por servizos prestados como tradutor, normalizador ou similar nunha empresa privada : 0,25 puntos por cada mes de servizos.

Unha vez que rematen as dúas fases de selección, o Tribunal proporá o nomeamento do aspirante que obtivese maior puntuación, quedando os demais en reserva, por orde da puntuación que obtiveron. No caso de empate entre dous o máis candidatos, decidirase a favor do que acadase máis puntos na fase de oposición.

9º.- NOMEAMENTO. O interesado disporá de tres días desde a proposta de nomeamento, para presentar na Secretaría do Concello, a documentación acreditativa de que se cumpren as condicións que se sinalan na base cuarta.
O alcalde realizará o nomeamento definitivo convocando ao seleccionado á formalización do contrato correspondente.
O Tribunal queda facultado para resolver todo tipo de dúbidas que se poidan suscitar durante o desenvolvemento das probas.

10º.- RECURSOS.- Estas bases , a súa convocatoria e cantos actos administrativos dimanen destas, poderán ser impugnadas polos interesados nos casos e coa forma que se prevé na Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Cariño, 3 de abril de 2009

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego