CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1405 votos
Votar | | | |


01-02-2012

Naceu Praza Pública, novo xornal electrónico en galego

Naceu Praza Pública, novo xornal electrónico en galego
Xa está na rede Praza Pública, un novo medio de comunicación dixital en galego que se presenta como "o xornal da Galicia que vén"


Logo do peche de varios medios en galego, desde o 1 de febreiro o noso país por fin conta cun novo, Praza Pública, ao que se pode acceder a través de www.praza.com ou www.prazapublica.com.

Praza Pública conta con sete grandes seccións: Política (galega e estatal); Mundo; Movementos sociais, ecoloxía, economía solidaria, consumo; Cultura; Economía; Deportes; e Ciencia e Tecnoloxía e Internet.

A entidade promotora do proxecto é a Fundación Praza Pública, que ten como fin prioritario "o fomento da información e o debate públicos como forma de contribución ao exercicio cívico da cidadanía galega, ben como a promoción da cultura e da lingua galegas". O núcleo de redacción está formado por Marcos Pérez, Lara Graña e David Lombao. Conta, ademais, coa colaboración dun numeroso grupo de xornalistas e son moitas as persoas que colaboran na sección de opinión.

Desde o punto de vista tecnolóxico, trátase dun xornal deseñado integramente para o estándar de HTML5, que aproveita todos os recursos dispoñíbeis na rede, e emprega software libre.

Desde a CTNL felicitamos de xeito entusiasta esta iniciativa, así como as próximas que está anunciado que nazan: Dioivo e Sermos Galiza.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego